DESTINATARIO:
TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS
ASUNTO:
CAMPIONATO GALEGO CADETE MASCULINO E FEMININO
“XUNTA DE
GALICIA” ANO 2017
1.
A COMPETICIÓN
1.1. LUGAR: Pavillón Municipal de Guitiriz – Lugo.
1.2. DATA: Sábado, 28 de xaneiro de 2017.
1.3. HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. (o
horario podería modificarse en función do número de inscritos).
2.
NORMAS TÉCNICAS
2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los
clubes dados de ALTA na tempada 2017, poderán presentar un equipo masculino e
un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.
As inscricións faranse exclusivamente a
través da aplicación web, antes das 13.00 horas do luns 23/01/201
|
|
Nese momento a inscrición será definitiva sen
|
posibilidade de cambios.
2.2. GRAO MÍNIMO:
Masculino: Cinto AZUL.
Feminino: Cinto VERDE.
2.3. DOCUMENTACIÓN:
2.3.1. Todo-los desportistas deberán estar en
posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2017, obtidos coa
suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día
do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.
2.4. Os clubes
faranse cargo das autorizacións paternas orixinais, poñéndoas a disposición da
FGT se fosen requeridas.
2.5. IDADES: Soamente
poderán participar os desportistas nados nos anos 2003, 2004 e 2005.
2.6. PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las
proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto.
2.7. OS COMBATES: Rexeranse polos tempos
marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola
organización segundo as necesidades da competición.
2.8. ARBITRAXE: Rexerá-se polo
Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
2.9. UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS:
Pantalón gris (NON VAQUEIRO), camisa branca, gravata da FGT, zapatillas brancas
e chaqueta azul mariño.
1.
PESOS:
Feminino
|
Categoria
|
Masculino
|
- 29 kg
|
Minimosca
|
- 33 kg
|
29 kg - 33 kg
|
Mosca
|
33 kg - 37 kg
|
33 kg - 37 kg
|
Galo
|
37 kg - 41 kg
|
37 kg - 41 kg
|
Pluma
|
41 kg - 45 kg
|
41 kg - 44 kg
|
Lixeiro
|
45 kg - 49 kg
|
44 kg - 47 kg
|
Superlixeiro
|
49 kg - 53 kg
|
47 kg - 51 kg
|
Semimedio
|
53 kg - 57 kg
|
51 kg - 55 kg
|
Medio
|
57 kg - 61 kg
|
55 kg - 59 kg
|
Semipesado
|
61 kg - 65 kg
|
+ 59 kg
|
Pesado
|
+ 65 kg
|
1.1.
TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo ós equipos campións, masculino e feminino.
Oro: 7 puntos.
Prata: 3 puntos.
Bronce: 1 punto.
2.
ORGANIZACIÓN
2.1.
ORGANIZA o Clube
JANSU de Vilalba por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
2.2.
PESAXE: Venres, día 27, provincia de:
•
Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.
•
A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00
horas.
•
Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
•
Vigo: Ximnasio Seungsport. R/ Rúa Sagunto, 21.
De 16.00 a 17.30 horas.
•
Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas - Vilalba.
De 17:00 a 18:00 horas.
•
Ourense: Ximnasio Couto. De 13:00 a 15:00
horas.
2.3.
SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día
anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán
comunicarllo a dito director no email arbitraxe@taekwondogalego.com
2.4.
XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase
UNHA hora antes do inicio da competición no pavillón – Lémbrase a todo-los
árbitros a obrigatoriedade de asistir a esta xuntanza, e parte da gratificación
que perciben corresponde á mesma.
2.5.
COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
3.
CONDICIÓNS ECONÓMICAS
3.1. PERTENZA A CLUB FEDERADO: os
desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na
temporada 2017, e ter a licenza federativa actual.
3.2.
ÁRBITROS:
Os clubes participantes teñen a obriga
de incluir un árbitro colexiado xunto coa inscrición e comunicalo vía mail a arbitraxe@taekwondogalego.com . Ós que non o fagan,
anularáselles a inscrición, e se o aportan fora de prazo abonarán 10 euros coma
modificación da mesma.
3.3. TÉCNICOS:
Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e
colexiados.
4.
RECLAMACIÓNS
4.1. COMITÉ DE CAMPEONATO: Estará
formado por:
Presidente: D. Juan Carlos Quintana Domínguez.
Vocais: O director do clube
organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da
competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a
reclamación.
RECLAMACIÓNS:
Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF,
actualmente en vigor. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso
correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.
4.2. Ó entregar a reclamación, abonarase unha
cuota de trinta euros (30€), dos que se entregará o correspondiente recibo. En
caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.
4.3. Os delegados oficiais, que figurarán no
impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos
os actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso
desporte, deberán vestir con chándal e con calzado desportivo, para evitar
problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo
incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.
NOTAS MOI IMPORTANTES:
Segundo o lembrado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária
celebrada o 16/02/02, comunícanse os requerimentos necesarios para a ceremonia
de recollida de medallas.
ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS
COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO
DA SELECCIÓN GALEGA.
Desportistas e adestradores para recoller as medallas:
a. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden
facelo en chándal.
b. En
caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle
entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.
AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON
PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.
A Coruña, 5
de xaneiro de 2017.
O Secretário
Xeral