DATA LÍMITE DE ENTRADA NESTA FGT – VENRES 24/02/2017
Subject: Premio Deportista en Idade Escolar 2016 do CSD
Un ano máis o CSD convoca o premio “Deportista en Idade Escolar” ano 2016. Achégasevos a normativa.
Cada federación poderá propor á Secretaría Xeral para o Deporte un único candidato, nacido entre os anos 1998 e 2004 (ámbolos dous incluídos). A solicitude virá acompañada da documentación necesaria:
- Currículo deportivo e persoal da tempada 2015-2016.
- Certificado oficial de estudos cos resultados académicos do curso 2015-2016.
Valoraranse os méritos nunha ou en varias modalidades deportivas e outros aspectos de interese, sempre neste período de tempo: curso ou tempada 2015-2016.
Galicia só poderá presentar un candidato polo que se valorarán as propostas e elixirase o candidato a presentar.
Un saúdo,