lunes, 20 de agosto de 2012

Targeta Xiareiros de la FGT

www.taekwondogalego.com | info@taekwondogalego.com
Complexo Deportivo de Elviña – Pza. Agustín Díaz, 3. 15008 A CORUÑA | Tel. 981130487 Fax. 981134996
A Asamblea Xeral da Federación Galega de Taekwondo aprobou, na súa reunión
anual, a creación das tarxetas Siareir@ do Taekwondo Galego para que aquelas
persoas que, pese a non ser deportistas practicantes e federados, son seguidores dos
éxitos do taekwondo galego e queiran acreditar o seu apoio a deportistas, técnicos e clubs
desta federación.
Así, a FGT fará entrega a todos os solicitantes (a través dos clubs que participen
nesta iniciativa) dunha tarxeta acreditativa da condición de Siareir@ do Taekwondo
Galego.
A cuota de colaboración é de 5 €uros dos que 1€ será reintegrado ó club que
faga a solicitude da tarxeta.
A tarxeta acreditará (xunto co DNI) ao seu portador como siareir@ do taekwondo
galego e permitiralle acceder a algunhas vantaxes como:
-Ser registrado oficialmente como Siareir@ do Taekwondo Galego.
-Descontos do 25% na adquisición de material da FGT na tenda dos campionatos.
-Acceso gratuito ás actividades oficiais da FGT (no caso de que se cobre entrada polo
acceso).
-Descontos no acceso a outras actividades da FGT como campionatos non oficiais.
-Etc.
Os 4 €uros aportados á FGT serán destinados a financiar os proxectos do
Taekwondo Galego, entre eles:
-Equipación dos membros das diferentes seleccións galegas (infantil, cadete, junior,
sub21, senior, de técnica e de exhibición tanto infantís como de adultos)
-Participación en actividades estatais e internacionais (campionatos de España, opens
autonómicos, opens internacionais, etc)
-Financiación de viaxes a campionatos oficiais (como se fixo no caso de dous deportistas
galegos participantes no Mundial Universitario, que financiou integramente a FGT)
-Financiación de stages de formación no estranxeiro para os membros das seleccións
galegas.
- Organización de actividades da FGT en Galicia (como os campionatos galegos,
campionatos amistosos, concentracións, stages de formación, etc)
- Organización da Gala do 25 Aniversario da FGT, que terá lugar este ano 2012
-Etc.
Agradecemos de antemán a todos e todas os Siareiros do Taekwondo Galego o
apoio que constantemente recollemos nos graderíos dos campionatos e a súa
colaboración desinteresada neste proxecto.
Entre todos seguiremos medrando para que os nosos rapaces poidan cumprir os seus
soños, que son os nosos!
A Coruña, Agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario