lunes, 3 de junio de 2013

Solicitud DGAN (deportista de alto nivel Gallego)

DGAN - SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO - XUÑO 2013

INFORMA A SXPD:
Dende a Secretaría xeral para o deporte lle informamos que durante todo o mes de xuño está aberto o prazo de solicitude para o procedemento do recoñecemento da condición de Deportista Galego de Alto Nivel, pregamos que fagan a máxima difusión posible no voso ámbito, para que aqueles deportistas susceptibles de poder ser recoñecidos nolo soliciten en forma e prazo. 
Para dito procedemento deberán presentar: 
1.- A solicitude orixinal, (que se descarga mais abaixo, ver onde pon : Modelo de solicitude Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)), que debe vir asinada polo interesado e tamén selada e asinada pola Federación, debe presentala entre o 1 e o 30 de xuño na Secretaria Xeral para o Deporte ou nos servizos provinciais ou por correo.(Neste caso e importante que na solicitude figure o selo de correos coa data na que foi enviada).
Non vale enviala por fax ou por correo electrónico.
2.- Fotocopia do DNI.
3.- Certificado orixinal de empadroamento nun concello galego.
4.- Certificado orixinal de ter licenza deportiva expedido pola federación galega que corresponda dende antes do 1 de xaneiro do ano anterior ao de presentación da solicitude.

No hay comentarios:

Publicar un comentario