viernes, 15 de noviembre de 2013

Ayudas económicas DEGAN

Estimado deportista:
A través deste correo infórmámosche que a Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe xoves 14 de novembro de 2013 no DIARIO OFICIAL DE GALICIA a “Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel, para a súa preparación e participación en competicións deportivas”.
Este programa de axudas é unha actuación máis na liña de garantir o apoio necesario para que sigas mellorando o teu rendemento deportivo e co que pretendemos axudarche na túa dedicación ao deporte de alto nivel.
As bases desta convocatoria poderás atopalas na web deporte.xunta.es e no taboleiro de anuncios da Fundación Deporte Galego dende hoxe (tamén as podes revisar en formato PDF neste mesmo correo).
prazo de presentación das solicitudes no rexistro da Fundación Deporte Galego comezará hoxe e rematará o vindeiro venres 29 de novembro, valorándose os resultados acadados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012, ámbolos dous incluídos.
A instancia de solicitude e a documentación correspondente poderá presentarse de dous xeitos:

  • No Rexistro da Fundación Deporte Galego: Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 4 (15781 Santiago de Compostela).
  • Mediante correo certificado, nos termos previstos no Real Decreto 1829/1999, de 3 de decembro, que aproba o Regulamento dos servizos postais.
Non se admitirán as solicitudes presentadas noutros rexistros distintos dos arriba mencionados.
A documentación a presentar por todos os/as solicitantes é a seguinte:
-        Anexo 2. Instancia de solicitude de axuda
-        Anexo 3. Certificado da federación.
-        Anexo 4. Declaración doutras axudas do ano 2013
-        Anexo 5. Memoria 2012
-        Anexo 6. Proxecto deportivo 2013 ou 2012/13
-        Anexo 7. Ficha solicitude transferencia bancaria
-        Copia do DNI (ou marcar SÍ no anexo 2, apartado AUTORIZACIÓN COMPROBACIÓN DATOS)
-        3 certificados de estar ao corrente de obrigas con:
a..1        Axencia Tributaria Estatal (AEAT)
a..2        Seguridade Social
a..3        Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

http://deporte.xunta.es/index.php?idMenu=67&int1=2384&idIdioma=2

No hay comentarios:

Publicar un comentario