jueves, 24 de julio de 2014

Campeonato do mundo Cadete



O primeiro Campionato do Mundo Cadete, que se está a disputar en Bakú (Azerbaiyán), comezará mañá coa participación do galego Artai Pazos. Os outros tres galegos presentes no Mundial (Pilar Rodríguez, Adrián Pombo e Javier González) terán que esperar ata o domingo para competir.
Artai Pazos (-49, Mace Sport) xa coñece ao primeiro rival nun peso moi competido e duro, no que participarán un total de 33 deportistas.  Artai comezará a competición fronte ao iraní Ebrahim Safari. A estas idades é complicado falar de favoritos, aínda que o que si sabemos é que Irán é unha potencia mundial no taekwondo.
Os outros tres galegos competirán o domingo 27. Pilar Rodríguez (Natural Sport Riveira) participará no peso de -59 quilogramos e no primeiro combate terá como rival á serbia Natalija Calic. Adrián Pombo (Maniotas) enfrontarase ao chino Tsung Hsun Li en -65 quilogramos, mentres que Javier González (Mace Sport) iniciará a competición fronte ao polaco Marek Wozniak en -61 quilogramos.
Para esta primeira edición do mundial,e coa intención de protexer a integridade dos mozos e mozas destas idades, a WTF en conxunto co comité médico aprobaron a utilización do casco cunha especie de careta á fronte para maior protección dos competidores. Neste primeiro Mundial Cadete participará case 600 deportistas (576) de idades comprendidas entre os 12 e 14 anos. Os catro deportistas galegos puideron viaxar a Bakú grazas ao esforzo económico realizado pola Federación Galega de Taekwondo e os propios deportistas e a colaboración de algunha institución, xa que a Federación Española non asumiu gasto algún.

No hay comentarios:

Publicar un comentario