jueves, 12 de marzo de 2015

Casco con máscara para el nacional cadete

Ante a publicación por parte da RFET da obrigatoriedade de empregar cascos homologados con pantalla integrada no Campionato de España, recomendamos a todos aqueles participantes que se tenten facer con algún dos modelos homologados pola WTF. Sin querer facer "publicidade" da marca, coidamos que o máis áxil sería mercalos en DaeDo. 

Autorizan o uso dos cascos brancos ou dos azuis e vermellos, neste último caso os deportistas que decidan mercar os azuis e vermellos, deberan de mercar os dous.

Dende a FGT poñeremos a disposición do equipo técnico cadete unha cantidade limitada de cascos, pero insistimos en cada cada deportista debera de levar o seu, entre outros motivos, pola hixiene desta protección.

DaeDo habilitará un stand con este material no propio Campionato de España, pero recomendamos pedilos antes debido a gran demanda que se prevé habrá en dito evento, xa que ista notificación fíxose pública onte.

Informar tamén que dende a FGT tentouse chegar a un acordo coa RFET para garantir unha demora no tipo de casco, pero ditas xestións non fructificaron , polo que nos vemos na obriga de lanzar este comunicado con este escaso marxe de tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario