viernes, 15 de mayo de 2015

Campeonato Escolar de combate

Dende o departamento de arbitraxe, e despois de conversa mantida co Presidente da F.G.T. . 
Comunicase que debido ao tempo transcorrido dende que se fixo o provincial de combate escolar, e que os rapaces/as están a medrar e algúns variaron o peso substancialmente, ábrese un período para que unicamente os clasificados se poidan inscribir no seu peso real a día de hoxe. 
O clube que anote algún deportista que non estea clasificado quedará automaticamente descalificado do campionato.  
Igualmente quedará fora do campionato aquel club que non anote na aplicación aos árbitros que representarán ao seu club no campionato.     
Vilalba 15 de maio de 2015
  
                                 Asinado Juan Carlos Quintana Domínguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario