Estimado deportista:
A través deste correo infórmámosche que a Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe xoves 14 de novembro de 2013 no DIARIO OFICIAL DE GALICIA a “Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel, para a súa preparación e participación en competicións deportivas”.
Este programa de axudas é unha actuación máis na liña de garantir o apoio necesario para que sigas mellorando o teu rendemento deportivo e co que pretendemos axudarche na túa dedicación ao deporte de alto nivel.
As bases desta convocatoria poderás atopalas na web deporte.xunta.es e no taboleiro de anuncios da Fundación Deporte Galego dende hoxe (tamén as podes revisar en formato PDF neste mesmo correo).
O prazo de presentación das solicitudes no rexistro da Fundación Deporte Galego comezará hoxe e rematará o vindeiro venres 29 de novembro, valorándose os resultados acadados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012, ámbolos dous incluídos.
A instancia de solicitude e a documentación correspondente poderá presentarse de dous xeitos:
- No Rexistro da Fundación Deporte Galego: Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 4 (15781 Santiago de Compostela).
- Mediante correo certificado, nos termos previstos no Real Decreto 1829/1999, de 3 de decembro, que aproba o Regulamento dos servizos postais.
Non se admitirán as solicitudes presentadas noutros rexistros distintos dos arriba mencionados.
A documentación a presentar por todos os/as solicitantes é a seguinte:
- Anexo 2. Instancia de solicitude de axuda
- Anexo 3. Certificado da federación.
- Anexo 4. Declaración doutras axudas do ano 2013
- Anexo 5. Memoria 2012
- Anexo 6. Proxecto deportivo 2013 ou 2012/13
- Anexo 7. Ficha solicitude transferencia bancaria
- Copia do DNI (ou marcar SÍ no anexo 2, apartado AUTORIZACIÓN COMPROBACIÓN DATOS)
- 3 certificados de estar ao corrente de obrigas con:
a..1 Axencia Tributaria Estatal (AEAT)
a..2 Seguridade Social
a..3 Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
http://deporte.xunta.es/index.php?idMenu=67&int1=2384&idIdioma=2
No hay comentarios:
Publicar un comentario