CIRCULAR Nº 34/2016
DESTINATARIO: CLUBES E
XIMNASIOS FEDERADOS
ASUNTO: CAMPEONATO
GALEGO ABSOLUTO MASCULINO E FEMININO
“XUNTA
DE GALICIA” - ANO 2017
1.
A COMPETICIÓN
1.1. LUGAR:
Pavillón Municipal de MARÍN.
1.2. DATA: Sábado, 17 de decembro de 2016.
1.3. HORÁRIO: A partires das 09.00 hr.
(Previsión: en xornada de mañá.
Confirmaranse horarios).
COLABORA O EXCMO. CONCELLO DE MARÍN.
2.
NORMAS TÉCNICAS
2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados
de ALTA na tempada 2016, poderán presentar un equipo masculino e un feminino
con un máximo de dous competidores/as por peso. INSCRICIÓNS NO SISTEMA WEB – LÍMITE
07/12/2016. NON SE ADMITIRÁN
INSCRICIÓNS FORA DE PRAZO.
2.2. GRAO
MÍNIMO:
Masculino: cinto
marrón.
Feminino: cinto azul.
2.3. DOCUMENTACIÓN:
2.3.1.
Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo
clube. Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
2.4. IDADES: So poderán participar os
desportistas dos ANOS 2000 E ANTERIORES.
2.5.
PROTECCIÓNS: Son estrictamente obrigatorias, e deberá aportarlas cada
desportista: casco regulamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e
espinillas (non empeines) e protección bucal, guantillas electrónicas
homologadas para protexer os pés e as mans.
2.6. OS
COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF,
podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da
competición.
2.7. ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento
actualmente en vigor, da WTF.
2.8.
UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro),
camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
2.9. PESOS
CATEGORIAS MASCULINA FEMININA
Mini-mosca -
54 kg. - 46 kg.
Mosca 54 - 58
46 - 49
Galo 58 - 63
49
- 53
Pluma 63 - 68 53
- 57
Lixeiro 68 - 74 57
- 62
Super-lixeiro 74 - 80 62
- 67
Medio 80 - 87 67
- 73
Pesado +
87 Kgs. + 73 Kgs.
2.10. TROFEOS:
Individuais: Medallas para os
tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo aos tres
primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos Prata: 3 puntos
Bronce: 1 punto.
Nota: As medallas que se obteñan
sen facer combate sí computarán.
3.
ORGANIZACIÓN
3.1.
ORGANIZA: Clube MAT´S DE MARÍN, por delegación da Federación Galega de
Taekwondo.
3.2. PESAXE:
Venres día 16, provincia de:
•
Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.
•
A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00
horas.
•
Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
•
Vigo: Ximnasio Seungsport. R/ Rúa Sagunto, 21.
De 16.00 a 17.30 horas.
•
Lugo: Ximnasio Jansu. Camiño Real, 158. Lugo.
De 17:00 a 18:00 horas. •
Ourense: Ximnasio Couto. De 13:00 a 15:00
horas.
Lembramos a todo-los clubes
con sede oficial de pesaxe que segundo acordo da asamblea xeral da FGT é
OBRIGATORIO que en toda-las pesaxes oficiais estean dous técnicos de diferente
clube que asinen o visto e prace da pesaxe (ambo-los dous). Unha vez realizada
a pesaxe,
deberanse remitir de xeito inmediato as
actas asinadas á FGT vía mail. Os clubes que non cumpran coas
obrigas derivadas da sede de pesaxe perderán a condición de sede oficial.
3.3.
SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día
anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán
comunicarllo a Juan C. Quintana arbitraxe@taekwondogalego.com
3.4.
XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase unha hora
antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión
arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
3.5.
COMEZO DA
COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
3.6.
TODO-LOS CLUBES PARTICIPANTES DEBERÁN NOMINAR UN ÁRBITRO, DO
QUE SE INDICARÁN OS DATOS NO SISTEMA DE INSCRICIÓN,
informando ó director de arbitraxe en arbitraxe@taekwondogalego.com
4.
CONDICIÓNS ECONÓMICAS
4.1.
PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán
pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2016.
4.2. TÉCNICOS:
Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e
colexiados.
5.
RECLAMACIÓNS:
5.1.
COMITÉ DE CAMPIONATO: Estará formado por:
Presidente: D. Juan Carlos
Quintana Domínguez.
Vocais: O
director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por
sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se
produza a reclamación.
5.2.
RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que
figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán
facerse sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado
oficial do club.
Ao entregar a reclamación,
abonarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), dos que se entregará o
correspondiente recibo. No caso de que a reclamación sexa considerada,
devovelrase o importe. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Ó DIRECTOR DE
ARBITRAXE.
5.3.
Os delegados oficiais, que figurarán no impreso
de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todo-los
actos do campeonato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso
desporte, deberán vestir correctamente, a ser posible con chándal, e, en todo
caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servicio de mantemento
dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos
problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular
ou da lexislación vixente.
AS INSCRICIÓNS DE CLUBES QUE NON FACILITARAN ÁRBITROS O DÍA DE PECHE DE
INSCRICIÓN PODERÍAN SER ANULADAS SEN PREVIO AVISO.
A Coruña, 15 de novembro de 2016.
O SECRETARIO XERAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario