jueves, 17 de noviembre de 2016

Campeonato Gallego Absoluto

CIRCULAR Nº 34/2016

DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS
ASUNTO: CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO MASCULINO E FEMININO
“XUNTA DE GALICIA” -  ANO 2017



1.               A COMPETICIÓN


               1.1.      LUGAR: Pavillón Municipal de MARÍN.
               1.2.      DATA: Sábado, 17 de decembro de 2016.
               1.3.      HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. 
(Previsión: en xornada de mañá. Confirmaranse horarios).
COLABORA O EXCMO. CONCELLO DE MARÍN.

2.               NORMAS TÉCNICAS


2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2016, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso. INSCRICIÓNS NO SISTEMA WEB – LÍMITE 07/12/2016. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DE PRAZO.

               2.2.      GRAO MÍNIMO:
Masculino: cinto marrón.
Feminino: cinto azul.
               2.3.      DOCUMENTACIÓN:
2.3.1. Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo clube. Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
2.4.      IDADES: So poderán participar os desportistas dos ANOS 2000 E ANTERIORES.
2.5. PROTECCIÓNS: Son estrictamente obrigatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco regulamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas (non empeines) e protección bucal, guantillas electrónicas homologadas para protexer os pés e as mans.
2.6. OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
               2.7.      ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
2.8. UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.


               2.9.      PESOS
CATEGORIAS              MASCULINA              FEMININA 
Mini-mosca              - 54 kg.                         - 46 kg.
Mosca                           54 - 58                         46 - 49
Galo                              58 - 63                         49 - 53 
Pluma                           63 - 68                          53 - 57 
Lixeiro                           68 - 74                          57 - 62 
Super-lixeiro                  74 - 80                          62 - 67 
Medio                           80 - 87                          67 - 73 
Pesado                        + 87 Kgs.                     + 73 Kgs.

               2.10.    TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos Prata: 3 puntos
Bronce: 1 punto.
Nota: As medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán.

3.               ORGANIZACIÓN


3.1. ORGANIZA: Clube MAT´S DE MARÍN, por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
               3.2.      PESAXE: Venres día 16, provincia de:

        Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.
        A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00 horas.
        Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
        Vigo: Ximnasio Seungsport. R/ Rúa Sagunto, 21. De 16.00 a 17.30 horas.
        Lugo: Ximnasio Jansu. Camiño Real, 158. Lugo. De 17:00 a 18:00 horas. Ourense: Ximnasio Couto. De 13:00 a 15:00 horas.

Lembramos a todo-los clubes con sede oficial de pesaxe que segundo acordo da asamblea xeral da FGT é OBRIGATORIO que en toda-las pesaxes oficiais estean dous técnicos de diferente clube que asinen o visto e prace da pesaxe (ambo-los dous). Unha vez realizada a pesaxe, deberanse remitir de xeito inmediato as actas asinadas á FGT vía mail. Os clubes que non cumpran coas obrigas derivadas da sede de pesaxe perderán a condición de sede oficial.
3.3.           SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a Juan C. Quintana arbitraxe@taekwondogalego.com 
3.4.           XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase unha hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
3.5.           COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
3.6.           TODO-LOS CLUBES PARTICIPANTES DEBERÁN NOMINAR UN ÁRBITRO, DO QUE SE INDICARÁN OS DATOS NO SISTEMA DE INSCRICIÓN,
informando ó director de arbitraxe en arbitraxe@taekwondogalego.com 

4.               CONDICIÓNS ECONÓMICAS


4.1. PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2016.
4.2. TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.


5.               RECLAMACIÓNS:

5.1.           COMITÉ DE CAMPIONATO: Estará formado por:
Presidente: D. Juan Carlos Quintana Domínguez.
Vocais: O director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.
5.2.           RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.
Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), dos que se entregará o correspondiente recibo. No caso de que a reclamación sexa considerada, devovelrase o importe. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Ó DIRECTOR DE ARBITRAXE.
5.3.           Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todo-los actos do campeonato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, a ser posible con chándal, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servicio de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.


AS INSCRICIÓNS DE CLUBES QUE NON FACILITARAN ÁRBITROS O DÍA DE PECHE DE INSCRICIÓN PODERÍAN SER ANULADAS SEN PREVIO AVISO.


A Coruña, 15 de novembro de 2016.



                                                                O SECRETARIO XERAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario