martes, 19 de septiembre de 2017

"NOTA INFORMATIVA FGT SOBRE O EMPREGO DOS PATUCOS ELECTRÓNICOS"

"NOTA INFORMATIVA FGT SOBRE O EMPREGO DOS PATUCOS ELECTRÓNICOS"

Ante a comunicación realizada por Daedo nos pasados días e a consulta realizada ao Departamento de Combate da RFET, na que nos informa de que a partir de agora soamente proveerá de patucos electrónicos Gen1 ata fin de existencias, e que xa comeza a comercializar os Gen2, dende os Departamentos de Arbitraxe e de Combate da FGT informamos QUE NOS CAMPIONATOS RANKEABLES DE OURENSE (DÍA 23 DE SETEMBRO) E DE MOAÑA (DÍA 30 DE SETEMBRO), SEGUIRÁN EMPREGÁNDOSE OS PATUCOS GEN1. A PARTIR DO OPEN RANKEABLE DE RIVEIRA (DÍA 14 DE OUTUBRO) E DE AHÍ EN DIANTE, ATA NOVO AVISO, PODERÁN EMPREGARSE EN COMPETICIÓN CALESQUEIRA DOS DOUS MODELOS (GEN1 E GEN2). Ainda que dende a FGT non obrigaremos a cambiar de xeito impositivo o modelo, sí nos vemos na obriga de informar que os Patucos Gen2 posúen máis zonas de golpeo con sensores, co cal a ventaxa sobre os Gen1 e considerable, pero deixando o emprego duns ou de outros, á libre elección dos deportistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario