miércoles, 27 de abril de 2016

Entrenamiento de técnica

Dende a Dirección de Técnica temos o placer de informar que o fin de semana do 7 e 8 de Maio en Moaña, así como o do 14 e 15 (lugar por determinar) o Maestro Jeong Cheol Kim volverá a Galicia para realizar a preparación da Selección Galega de Técnica Adulto para o Campionato de España.
 
Realizaranse dous grupos de adestramento divididos como se indica a continuación:
 
GRUPO 1: Membros das categorias Senior 1, Senior 2 e Master
GRUPO 2: Membros das categorías Cadete e Junior.

Para ambos fins de semana os horarios de adestramento serán:

GRUPO 1: Sábado De 10 a 12 e de 16 a 18
GRUPO 2: Domingo De 10 a 13

Para participar nestes adestramentos os membros convocados no documento adxunto deberán pagar unha cuota de 10 € por persona e día, e envíar á FGT a correspondente folla e liquidación e xusitificante de pago a través dos seus clubes antes do martes 3 de maio ás 13:00h.
 
A FGT tamén pon a disposición dos clubes 14 plazas cun custe de 20 € por persona e día. Estas plazas serán otorgadas polo corpo técnico da FGT en base a criterios técnicos. Aqueles interesados deberán facer chegar a petición ao correo electrónico info@hebe-gz.com antes do martes 3 de maio ás 13:00 h. Unha vez recibidas as solicitudes confirmarase aos solicitantes o plazo para facer o ingreso correspondente.
 
Atentamente,
 
Noelia Pérez
DIRECTORA TÉCNICA DA FGT

No hay comentarios:

Publicar un comentario